InicioCulturaPolémica logo de anunciarse o concerto de 'Def con Dos' no San...

Polémica logo de anunciarse o concerto de ‘Def con Dos’ no San Froilán

O PP non entende por que os veciños teñen que pagar cos seus cartos un grupo cuxo cantante está "condenado por apoloxía do terrorismo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O anuncio do concerto do grupo Def con Dos no San Froilán 2019 non tardou en espertar polémica arredor do Concello. Os primeiros en manifestarse ao respecto foron os populares, que non entenden por que a veciñanza “ten que pagar cos seus cartos un grupo musical cuxo vocalista utiliza as redes sociais para facer apoloxía do terrorismo”.

Tras o veto que sufriu Def con Dos en Madrid -onde a súa actuación foi cancelada a última hora por presións das dereitas-, o BNG avanzou que tocarán en Lugo, “un espazo para a liberdade de expresión”. Esta noticia non foi ben recibida por todos, en especial polo PP, que se pregunta se non hai outras agrupacións galegas ou nacionais para contratar  no canto dun “condenado por apoloxía de terrorismo”. Lembran que o Tribunal Supremo condenou o cantante por enaltecemento de terrorismo e humillación ás vítimas.

Dende o PP temen que “este tipo de situacións vaian a ser as habituais coa chegada do BNG a Cultura” e aféanlle que se “escuden” na liberdade de expresión “cando adoptaron a decisión de forma unilateral”. E é que os populares aseguran que non recibiron ningún tipo de información por parte do goberno acerca desta medida.

Á súa vez, retan a alcaldesa e ao seu partido a que expliquen se están de acordo con esta contratación. “Moito nos tememos que Lara Méndez sexa cómplice desta situación”, din.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN E DIVERSIDADE

A encargada de anunciar dita actuación foi Maite Ferreiro, edil responsable de Cultura no Concello de Lugo. A concelleira do BNG explicou que a comisión de festas do San Froilán se constituirá en breves, ao tempo que garantiu que se escoitarán todas as propostas de grupos políticos, colectivos e veciñanza.

A contratación de ‘Def con Dos’ responde á intención de facer de Lugo “un espazo para a liberdade de expresión e a diversidade” fronte ao veto imposto en Madrid, nun marco de “retroceso das liberdades impulsado polas dereitas”.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...