InicioSociedadeA rotonda de Alfonso X está en mans dun Concello que "torpedea"...

A rotonda de Alfonso X está en mans dun Concello que “torpedea” a súa execución, segundo o PP

Ramón Carballo esixe a inmediata cesión dos terreos para a execución deste proxecto que procura rematar cun "punto negro" da cidade. Acusa o ente municipal de "demorar de forma inescusable" os trámites

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do grupo municipal do PP, Ramón Carballo, denuncia a “nula intención” do goberno local para que se constrúa a rotonda de Alfonso X coa N-VI. Dous anos e oito meses despois de que o Ministerio de Fomento solicitase a cesión de terreos, o Concello “non cumpriu coas súas obrigas”, asegura o popular

Ramón Carballo explica que, en novembro do 2016, o Ministerio de Fomento -daquela en mans populares- solicitou a cesión dos terreos para a execución do proxecto, “solicitude que se remitiu tanto ao Concello como á Deputación”. Porén, sostén que o Concello foi a única desas tres administracións que non mostrou vontade ningunha en rematar co “punto negro” que é o citado cruce en Alfonso X coa N-VI.

“A realidade amosa que se van cumprir tres anos desde que Fomento realizou a petición. A Deputaicón xa puxo a disposición de Fomento os terreos necesarios, mentres que Lara Méndez se segue a demorar de xeito inxustificado e inescusable”, critica Carballo. Cualifica esta actitude de “boicot” e “freo”.

“Entendiamos que torpedeara a construción da nova rotonda” cando había un goberno popular, di. “Pero agora, cun goberno socialista en Madrid, non sabemos que motivos pode ter Lara Méndez para torpedear o proxecto”. 

Así, Ramón Carballo esixe que o Concello mova ficha e facilite a iniciación deste proxecto para o cal o único “impedimento” que hai, di, é o que pode supoñer a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...

A Deputación de Lugo desbrozará 4.200 quilómetros de estradas en mes e medio

A Deputación de Lugo comezou este luns os traballos de roza nos máis de 4.200 quilómetros de...

Detido un mozo en Lugo acusado de roubo ao ser sorprendido no interior dunha vivenda e encapuchado

Un mozo foi detido en Lugo sorprendido mentres, supostamente, roubaba nun domicilio particular do...