InicioSociedadeNovos pasos na instalación do ascensor do Sagrado Corazón

Novos pasos na instalación do ascensor do Sagrado Corazón

O tenente de alcalde Rubén Arroxo anunciou a inmediata instalación da estrutura metálica que soportará a maquinaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG), visitou as obras do ascensor do Sagrado Corazón e anunciou a inmediata instalación da estrutura metálica que soportará a maquinaria. En base ao ritmo que levan as obras, prevese que o elevador comece a funcionar despois do verán.

Arroxo estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas, Alexandre Penas, e mostrou o seu compromiso de seguir moi de preto as actuacións. A súa implicación, din, pretende garantir que este proxecto “tan demandado” pola veciñanza saia adiante logo de terse anunciado “hai máis de dez anos”.

O ascensor terá formato panorámico, polo que posibilitará as vistas dende o seu interior. O sistema de embarque será pola porta sur; o de desembarque, pola norte na segunda e terceira parada (a nivel da praza da igrexa e a carón do colexio). A comunicación entre os dous desembarcos superiores do torreón realizarase a través de sendas paralelas.

Ademais, haberá un sendeiro peonil adaptado e aproveitarase para realizar unha limitación efectiva do aparcamento de vehículos nunha zona escolar. A maiores, un muro e unha escaleira salvarán o desnivel que se produciría á esquerda do centro educativo. Para a construción de todos estes elementos, dende o Concello lembran que se empregan materiais respectuosos coa estética do entorno.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...