InicioCulturaPinceladas de arte en Lugo, capital da pintura rápida ao aire libre

Pinceladas de arte en Lugo, capital da pintura rápida ao aire libre

O vindeiro domingo 14 de xullo celebrarase a 19ª edición dun concurso desta modalidade artística. Repartiranse 5.500 euros en premios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello vén de presentar a 19ª edición do ‘Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo‘. Será o vindeiro domingo 14 de xullo, dende as nove da mañá ata media tarde, momento no que se coñecerá o nome dos premiados. En total, repartiranse 5.500€ divididos en oito categorías; unha delas reservada para o talento lucense.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, foi a encargada de facer pública a nova convocatoria deste concurso, unha “cita consolidada” e un “referente” non só en Lugo, senón no ámbito autonómico e estatal. Ferreiro lembrou as orixes do certame que, “con case vinte anos de historia, foi posto en marcha cando o BNG tivo responsabilidade de goberno”. Este feito viría a demostrar, salientou, que xa daquela se trataba de compatibilizar a actividade cultural e a promoción do turismo.

O concurso celebrarase o domingo 14 de xullo, xornada na que os asistentes deberán presentarse no Departamento de Cultura do Concello de Lugo entre as nove e as once da mañá. Será ás 18:00h cando se coñezan os traballos premiados que, en todo caso, deberán estar rematados unha hora antes.

As obras que consigan un recoñecemento pasarán a ser propiedade municipal e engrosarán a colección de arte resultante destes 19 anos de concurso. Así mesmo, os autores dos cadros optarán a unha recompensa económica, cuxa suma é de 5.500 euros repartidos en oito categorías. O primeiro premio está dotado con 1.600 euros; o segundo, con 1.100 €; e o terceiro con 900€. Todos eles levarán, ademais, un diploma acreditativo. A maiores, haberá cinco accésits de 300 euros e diploma e un premio especial de 450€ e diploma para a mellor artista local.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...