InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo consulta á Xunta Electoral se atrasa a constitución...

A Deputación de Lugo consulta á Xunta Electoral se atrasa a constitución pola repetición de eleccións en Burela

O artigo 205 da lei electoral establece que a repetición destas eleccións non afectaría á constitución da Deputación provincial de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo consultará á Xunta Electoral de zona sobre a celebración do seu pleno de constitución, despois de que o TSXG ordenase repetir as eleccións nunha mesa do concello lucense de Burela.

O artigo 205 da lei electoral establece que a repetición destas eleccións non afectaría á constitución da Deputación provincial de Lugo. Recolle que “no caso de que deban convocarse novas eleccións nalgún municipio da provincia, ben por non presentarse ningunha candidatura, ben por anularse total ou parcialmente o proceso como consecuencia dos correspondentes recursos contenciosos-electorais, non se posporá a constitución da Deputación Provincial”.

Con todo, a Deputación de Lugo decidiu consultar á Xunta Electoral de zona, porque ao non estar constituída a corporación de Burela ningún dos seus concelleiros poderían participar na votación ou postularse como candidatos, explicaron fontes do ente provincial. Ante isto, a Deputación sostén que se podería estar a infrinxir un dereito dos concelleiros de Burela, polo que se someterá á decisión que adopte a Xunta Electoral de zona.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...