InicioSucesosDetida en Lugo unha muller por querer replicar en Galicia atentados como...

Detida en Lugo unha muller por querer replicar en Galicia atentados como o de Barcelona

PUBLICADA O

- Advertisement -

As forzas de seguridade do Estado detiveron a tres presuntos yihadistas en Gipuzkoa por propagar o ideario do Dáesh e a unha muller en Lugo que a través das redes sociais mostrara o seu desexo de replicar en Galicia atentados similares aos de Barcelona e Cambrils de agosto de 2017.

Segundo informou este martes o Ministerio do Interior, unha das operacións foi levada a cabo por investigadores da Brigada Provincial de Información de San Sebastián, baixo a coordinación da Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional, e saldouse con tres marroquís de 27 anos detidos.

Os axentes rexistraron os seus domicilios nas localidades guipuscoanas de Urretxu, Ibarra e Urnieta pola súa presunta participación nos delitos de adoctrinamento e enaltecemento do terrorismo. Os detidos, que segundo os investigadores formaban un grupo “homoxéneo e cohesionado”, introducíronse nos círculos salafistas da Gipuzkoa.

Comezaran a súa actividade como consumidores de propaganda que o Dáesh publicaba en Internet e foron aumentando a súa actividade virtual até ser eles mesmos os que difundían nas súas redes sociais mensaxes de incitación ao odio e á violencia.

Deste xeito, empregaban os seus perfís para distribuír imaxes cruentas dos conflitos bélicos sirio e iraquí, acompañadas de comentarios alentando a confrontación relixiosa e a destrución de Occidente e os seus aliados. A investigación constatou que os detidos “adquiriran certa capacidade de captación e adoctrinamiento dentro da súa comunidade virtual”.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...