InicioLugo e contornaO Parlamento pide ao Concello de Abadín permitir a accesibilidade a unha...

O Parlamento pide ao Concello de Abadín permitir a accesibilidade a unha veciña á súa casa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Toda a Cámara galega aprobou este mércores por unanimidade, tras senllas propostas de En Marea e PSdeG transaccionadas co PP, pedir á Xunta que se dirixa ao Concello de Abadín (Lugo) co fin de que proceda a emendar os efectos negativos derivados dunhas obras que impiden a unha veciña con discapacidade acceder á súa vivenda.

Pilar Fernández, veciña de Abadín, que vive no lugar de O Coto, na parroquia de Abeledo, xa denunciou en 2015 ao Concello ante a valedora do Pobo, Milagros Otero, por “manter e promover” barreiras arquitectónicas diante da súa casa. Desde 2013 xa viña reclamando ao goberno local que cumprise a Lei de Accesibilidade de Galicia.

Segundo facía constar no escrito de denuncia, esta veciña ten un grao de minusvalía recoñecido do 84 por cento e necesita dunha cadeira de rodas para poder desprazarse, así como da asistencia dunha persoa para facer vida normal.

O problema que denuncia esta veciña refírese ao “mantemento” da estrada que hai diante da súa casa, que esixe “a restitución do seu firme” e novas capas asfálticas, o que provocou que a súa altura “non parase de aumentar co paso dos anos”.

Desta forma, Pilar Fernández tiña un chanzo “duns 14 centímetros de altura” que pecha a saída do seu domicilio. Por tal motivo, o que para o resto de veciños é “unha vía de comunicación”, para ela converteuse “nunha barreira arquitectónica infranqueable para saír coa súa cadeira de rodas”.

De feito, este mércores na comisión de Política Social, a deputada de En Marea Paula Vázquez Verao remarcou que o pasado 18 de novembro de 2018 a valedora do Pobo, tras “reiteradas” peticións ao Concello de Abadín, informa de que o goberno municipal “continúa sen dar unha solución á barreira arquitectónica”.

Pola súa banda, a deputada socialista Concepción Burgo denunciou a situación de “indefensión e desamparo inadmisibles” que vive esta veciña xubilada. Ademais, censura que o alcalde popular de Abadín provocou ” de maneira deliberada” unha “represalia” de máis de cinco anos e medio contra esta muller.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...