InicioCulturaIzal, Marea, Xoel López e Holywater, entre os artistas que tocarán no...

Izal, Marea, Xoel López e Holywater, entre os artistas que tocarán no Caudal Fest de Lugo

Haberá lugar para a música máis actual coa actuación do exitoso Beret e cun dos grupos revelación de 2018, Carolina Durante

PUBLICADA O

- Advertisement -

Izal, Marea, Xoel López, Beret e Holywater son algúns dos artistas confirmados para a segunda edición do festival Caudal Fest, que terá lugar os días 20 e 21 de setembro en Lugo.

As entradas sairán á venda o martes 21 de maio cunha oferta de lanzamento limitada de 1.000 entradas a 29 euros. O ano pasado, na súa estrea, este festival recibiu a máis de 22.000 asistentes, segundo os datos da organización, que presentou o cartel este mércores.

Como novidade, en 2019 serán dous días completos de festival, o que ampliará a oferta musical para todos os asistentes. Terá como cabezas de cartel aos madrileños Izal e aos navarros Marea, que regresan tras máis de seis anos sen actividade cun novo disco e unha xira que os levará por gran parte de España. Ambos darán actuacións de longa duración.

Un dos estandartes da música galega, Xoel López, e tamén un dos regresos “máis esperados da música lucense”, Holywater, tamén estarán no segundo Caudal Fest. Haberá lugar para a música máis actual coa actuación do exitoso Beret e cun dos grupos revelación de 2018, Carolina Durante. A “festa”, segundo resalta a organización, chegará da man do Adhesivo e A Marabillosa Orquestra do Alcol (A M.Ou.D.A.), mentres que a achega máis urbana virá do rapero ToteKing.

A Bengala, Agoraphobia, Bocanada, Tigre e Diamante e Galician Army serán outras das actuacións que formarán parte da programación do Caudal Fest 2019, de modo que a programación mesturará o indie, o rock, o pop, o rap e a electrónica. As entradas do festival estarán á venda o vindeiro martes 21 de maio ás 11,00 horas. Ademais, a zona de descanso para acampar á beira do festival tamén estará dispoñible ese mesmo día para reservar.

O Caudal Fest reivindícase ao “pór a Lugo no mapa dos festivais nacionais cun dos carteis máis atractivos do norte de España” e tamén como “unha das últimas oportunidades para despedirse do verán, na mellor contorna posible como é o de Lugo e o do río Miño ao seu paso pola cidade”.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...