InicioLugo e contornaLugoA provincia de Lugo perde catro concelleiros nestas eleccións

A provincia de Lugo perde catro concelleiros nestas eleccións

En total pedería oito, pero compensanse coas catro que soben en Foz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sairá das urnas o próximo 26 de maio cun total de 3.721 concelleiros, de entre os que se escollerán aos 313 alcaldes ou alcaldesas para os outros tantos municipios, un menos que nos comicios de 2015 pola fusión entre Cerdedo e Cotobade, na provincia de Pontevedra.

A caída demográfica, sobre todo na zona interior de Galicia, é a causante de que en 21 concellos elixan 45 edís menos que nas municipais de fai catro anos, cando xa se perderon outros 45 concelleiros con respecto a 2011 (ano no que os concellos de Oza e Cesuras eran dúas corporacións independentes). Tamén na cita do próximo mes de maio haberá un concello menos, pola fusión de Cerdedo e Cotobade, na provincia de Pontevedra.

Así as cousas, o próximo 26 de maio caerán 51 representantes locais en 21 concellos, soamente compensados polo seis que soben en San Cibrao das Viñas (+2) e Foz (+4), nas provincias de Ourense e Lugo, respectivamente.

Na provincia de Lugo, onde se elixen 727 concelleiros –catro menos que os 731 de 2015, perde catro representantes o concello de Ribadeo; mentres que sobe ese mesmo número o próximo municipio de Foz. Mentres, en Xermade e en Ribas de Sil perderon dous edís cada un.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...