InicioLugo e contornaLugoPiden catro anos de cárcere para un lucense que estafou 127.000 euros...

Piden catro anos de cárcere para un lucense que estafou 127.000 euros a unha muller que coñeceu nunha web de contactos

O Ministerio Público pide catro anos de cárcere para un veciño de Lugo que estafou 127.000 euros a unha muller á que coñeceu a través dunha web de contactos e á que enganou dicindo que necesitaba diñeiro para optar a poxas xudiciais. A Audiencia Provincial de Lugo celebra desde este mércores o xuízo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio Público pide catro anos de cárcere para un veciño de Lugo que estafou 127.000 euros a unha muller á que coñeceu a través dunha web de contactos e á que enganou dicindo que necesitaba diñeiro para optar a poxas xudiciais. A Audiencia Provincial de Lugo celebra desde este mércores o xuízo.

Segundo a información do escrito de acusación, o home coñeceu a muller a través dunha web de contactos no ano 2013, cando ela se atopaba “nun baixo estado anímico tras o falecemento da súa nai e da súa parella sentimental”.

Tras lograr con ela unha “relación de confianza”, o home convenceu a vítima para que lle fixese diversas entregas de cantidades de diñeiro co suposto fin de adquirir varios inmobles en poxas xudiciais, que lle entregou en catro momentos entre 2013 e 2014.

Con todo, di o fiscal, “o acusado nunca chegou a realizar ningunha das operacións que lle comunicou” á muller, “apropiándose das cantidades entregadas”. Por iso, considérao culpable dun delito de estafa e pide para el catro anos de prisión e unha multa, así como á devolución dos 127.000 euros.

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...