InicioTerra CháVilalbaA Xunta decreta restricións altas en Viveiro e nivel medio en Xove,...

A Xunta decreta restricións altas en Viveiro e nivel medio en Xove, Monforte e Vilalba

As medidas afectan, principalmente, ao sector da hostalaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os municipios de Mos e A Pobra do Caramiñal son os dous únicos que seguirán no nivel máximo de restricións desde a medianoite do próximo sábado, segundo acordou o comité clínico na súa reunión deste martes.

Pola súa banda, o municipio ourensán de Lobios abandona o tramo de máximas medidas contra a propagación do coronavirus, que supón o peche perimetral do concello, o toque de queda entre as 23 e as 6 horas e o peche da hostalaría, así como a prohibición de encontros entre persoas que non conviven no mesmo domicilio.

Así mesmo, o comité que asesora á Xunta en canto ás medidas para frear a propagación da pandemia tamén acordou situar no nivel alto de restricións aos municipios de Ordes e Viveiro, nos cales só está aberta a hostalaría nas terrazas e a un 50 por cento.

As medidas do nivel medio, ao cal pasará directamente Lobios, tamén deberán cumprirse nos municipios de Moraña, Ponteareas, Cenlle, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos, nos cales a hostalaría estará aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que permiten ocupar ao 75% as terrazas e a metade do aforamento do interior dos locais hostaleiros. Todas as medidas entrarán en vigor, segundo informou Sanidade, ás 00,00 horas do sábado 5 de xuño.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...