InicioSociedadeO Sergas prepara un cribado poboacional en Vilalba

O Sergas prepara un cribado poboacional en Vilalba

O Servizo Galego de Saúde estuda a que grupos de idade dirixirse para detectar o maior número posible de positivos asintomáticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prevé realizar un cribado poboacional no concello de Vilalba durante a vindeira fin de semana. Segundo declaracións do xerente da área sanitaria, Ramón Ares, de momento estase analizando a incidencia por grupos de idade para decidir a que mostra de poboación convidar a participar nas probas.

Ares detallou que unha vez se saiba a que grupos de idade dirixirse, decidirase o lugar onde se realizará o cribado e o número de equipos que se desprazarán ata alí. Do mesmo xeito, remitiráselles unha notificación vía SMS ás persoas comprendidas nese grupo poboacional. “O obxectivo é detectar positivos entre poboación asintomática para reducir a transmisión da enfermidade“, explicou Ramón Ares.

Dende o goberno local de Vilalba xa solicitaran ao Sergas un cribado específico para o persoal de servizos sociais e para os traballadores do comercio debido á elevada incidencia do municipio e á prolongación das restricións.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...