InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta reforza a retirada de niños de velutina en espazos protexidos...

A Xunta reforza a retirada de niños de velutina en espazos protexidos de Muras e Abadín

A intensificación na loita contra a vespa asiática abrangue vinte concellos con superficie clasificada Rede Natura 2000

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reforzará a retirada de niños de velutina nunha vintena de concellos con superficie en Rede Natura. Entre eles hai dous concellos chairegos parte da Serra do Xistral, Muras e Abadín.

A responsable do departamento autonómico, Ángeles Vázquez, trasladou á Agrupación Apícola de Galicia (Agrupación para o Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego) que no 2019 serán prioridade estas accións nas zonas naturais protexidas, co obxectivo de “conter a proliferación da vespa asiática”.

A Rede Natura 2000 inclúe zonas con protección a nivel europeo, como a Serra do Xistral, incluíndo Zonas de Especial Conservación (ZEC) e Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA) | Xunta de Galicia
A Rede Natura 2000 inclúe zonas con protección a nivel europeo, como a Serra do Xistral, incluíndo Zonas de Especial Conservación (ZEC) e Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA) | Xunta de Galicia

Na provincia de Lugo, a Xunta de Galicia tamén reforzará a retirada dos niños en Chantada, Sober, Samos, Viveiro e Ribadeo.

Monfero, San Saduniño, A Capela, Melide, Toques, Santiso, Calvos de Randín, Trasmiras, A Lama, Bueu, Cangas, A Illa de Arousa e Silleda son os outros municipios que se verán beneficiados pola campaña, xunto coa e o Parque Nacional Illas Atlánticas.

Proxecto Positive

Reunión da Conselleira de Medio Ambiente coa Agrupación Apícola de Galicia | Xunta de Galicia
Reunión da Conselleira de Medio Ambiente coa Agrupación Apícola de Galicia | Xunta de Galicia

Vázquez fixo fincapé na necesidade da colaboración cidadá para a localización dos niños e lembrou que a Xunta participa no proxecto Positive, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control desta especie entre os países do sudoeste europeo.

O proxecto, cun orzamento de case dous millóns –con financiamento nun 75 por cento do fondo europeo de desenvolvemento rexional FEDER–, promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como España e Portugal.

Xesús Feás: “A velutina afectará á sociedade de Lugo”

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...