- Advertisement -
A Garda Civil investiga un veciño do municipio de Vilalba de 29 anos de idade como presunto autor dun delito de furto pola subtracción de seis eguas.
Segundo informou o Instituto Armado, estes feitos tiveron lugar na madrugada do pasado día 28 de febreiro no termo municipal de Muras.
O home investigado en relación co furto destas eguas foi posto a disposición xudicial.