InicioTerra CháGuitirizTentan recuperar 17 asasinados polo franquismo nunha fosa común de Guitiriz

Tentan recuperar 17 asasinados polo franquismo nunha fosa común de Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fai máis de 80 anos do negro verán de 1936 e, aínda que sigue habendo quen non quere “abrir vellas feridas”, as novas tecnoloxías e a vontade de particulares pode permitir que algúns familiares consigan o que non se conseguiu nestas oito décadas.

Este é o caso de 17 exhumacións en tres fosas do concello de Guitiriz e unha en San Vicente das Fervenzas, Aranga. Para elas a Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos do Franquismo (ARDF) pretende desenvolver un crowfunding que permita devolverlle os restos dos seus, ós seus familiares.

E é que no verán de 1936, moitos dos asasinados na zona da Coruña ou Ferrol eran enterrados en fosas comúns en pequenas localidades do interior, ás que chegaban en tren, como foi o caso de Guitiriz. Os traballos darán comezo o día 08 de xullo de 2019 en Santa Mariña de Lagostelle. Máis información no portal Historia de Galicia.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...