InicioMedioambiente e PatrimonioAchado en Guitiriz un castro das dimensións dun campo de fútbol

Achado en Guitiriz un castro das dimensións dun campo de fútbol

Empregado como pastizal e aínda por catalogar, o castro de Parga é ben visible: mide 90 metros de diámetro e conta con murallas de 2 metros de alto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros de Patrimonio dos Ancares atoparon unha mámoa e un castro sen catalogar en Guitiriz, nas inmediacións da aldea de Ferreiros. Separados por apenas trescentos metros, os dous achados na parroquia de Santa Cruz de Parga foron comunicados á Direccion Xeral de Patrimonio Cultural.

Trátase dun novo exemplo da abundancia do patrimonio histórico galego aínda por documentar. O caso deste castro é sorprendente pola superficie que ocupa, cun diámetro de aproximadamente noventa metros.

Este xacemento case circular está gardado por murallas en algúns puntos de dous metros de alto, cun perímetro case intacto, salvando vinte metros no perfil norte. O interior do recinto foi utilizado para labores agrícolas, e na actualidade serve de pastizal.

Os descubridores afirman que o asentamento castrexo apréciase á perfección na pequena elevación de terreo contra o río Fonte Ribeira, a uns cincocentos metros de altitude e próximo á aldea. O lugar mesmo é coñecido “co evocativo nome do Castro”, apuntan os voluntarios de Patrimonio dos Ancares. “Chámanos a atención que estea sen catalogar xa que se trata dun castro moi claro”.

A mámoa

En canto á mámoa, o túmulo funerario está próximo a un conxunto que si está documentado, en Fonte de Pedrasos. Situada nunha pradería, esta acumulación pétrea mide dezaséis metros de diámetro e medio metro de altura. No centro obsérvase un cráter de violación reenchido case na totalidade.

“Queremos involucrar ás administracións para pór en valor a Vía XIX”

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...