Home Terra Chá Guitiriz A fachada da Casa da Botica en Guitiriz sofre danos atribuidos ao temporal

A fachada da Casa da Botica en Guitiriz sofre danos atribuidos ao temporal

0
A fachada da Casa da Botica en Guitiriz sofre danos atribuidos ao temporal
Parte da fachada da Casa dá Botica de Guitiriz que se desprendeu polo temporal.. DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación de Lugo mobilizou na mañá deste domingo a técnicos propios e da empresa adxudicataria das obras do centro de maiores de Guitiriz, emprazado na Casa da Botica, para apontoar parte da fachada que sufriu un desprendemento.

Tal e como informa nun comunicado a institución provincial, a caída do muro ocorreu na parte dereita da fachada principal e “púidose deber presumiblemente ao forte temporal de vento” dos últimos días. Por iso, a Deputación mobilizou ata o lugar diferentes efectivos co fin de “apontoar, reforzar e consolidar” a parte desprendida.

Ademais, o goberno provincial solicitou un informe á dirección da obra, aos responsables da súa execución e á empresa encargada da construción da residencia para “determinar as causas” deste derrubamento e adoptar “todas as medidas necesarias” para que os traballos continúen “con seguridade”.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

+ posts