InicioSociedadeA veciñanza de Baamonde vístese de loito contra o peche do colexio

A veciñanza de Baamonde vístese de loito contra o peche do colexio

Este sábado 26, ás 17:00, as afectadas percorrerán un treito da N-VI para protestar ante a pretensión do Concello de Begonte de clausurar o centro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ANPA do CEIP de Baamonde e a Asociación de Veciños de Montenegro convocaron unha nova manifestación para protestar contra o posible peche do CEIP. Será este mesmo sábado 26, ás 17:00 horas, cando previsiblemente a vila se encha de persoas vestidas de negro para expresar a contrariedade ante a decisión do Concello de Begonte.

A marcha partirá da igrexa de Baamonde e percorrerá a estrada N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada para logo continuar ata chegar ao CEIP de Baamonde.

Os convocantes animan á participación de toda a veciñanza e establecementos de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo, por ser os “principais damnificados” ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o centro educativo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...