InicioSucesosO alcalde de Taboada: “Aquí os veciños están afeitos aos terremotos”

O alcalde de Taboada: “Aquí os veciños están afeitos aos terremotos”

Di que hai unha falla na parroquia de San Xulián de Insua, á beira do río Miño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este martes houbo un sismo de 3.5 º na escala Richter sacudiu toda a provincia de Lugo. O seu epicentro estivo en Taboada –aínda que inicialmente pensouse que era en Monterroso–. O alcalde da localidade Ramiro Moure, restou importancia aos tremores e asegurou que na vila, os veciños xa están “afeitos” aos terremotos.

“Hai unha falla na parroquia de San Xulián de Insua, á beira do río Miño, e ao longo do ano xa houbo varios, a xente está afeita”, dixo en declaracións á Ser. El mesmo dixo que sentíu o tremor, sobre o tres menos dez da mañá e describe que escoitou “un ruído longo”, aínda que matizou que “os que máis o sentiron foron aqueles veciños que teñen animais en casa, sobre todo cans que empezaron sobre quince minutos antes a ladrar”.

A pesar do sismo, non houbo danos, nin incidencias. O alcalde aclarou que a brigada do Concello repasou a situación en diferentes puntos do municipio, sen que se se observara ningunha deterioración.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...