InicioSucesosOs bombeiros manteñen os controis no Ceao para evitar posibles reactivacións do...

Os bombeiros manteñen os controis no Ceao para evitar posibles reactivacións do incendio

Xa se empezou a derrubar parte da estrutura dalgunhas naves afectadas polas chamas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros de Lugo manteñen as tarefas de control no polígono do Ceao para evitar posibles reactivacións dun incendio que se deu por extinguido doce días despois do seu inicio.

En declaracións aos medios este luns, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sinalou a existencia de controis preventivos na zona, que levan a cabo grazas ao “reforzo” do servizo de bombeiros para que unha unidade poida desprazarse ao lugar e realizar “controis ‘in situ’ de como evoluciona”.

Méndez recoñeceu que a situación foi “moi complexa” tras declararse o incendio na madrugada do domingo 11 de abril, cuxa orixe permanece baixo investigación. “Tendo en conta os elementos inflamables que existían pode haber algún conato de que se pode reactivar unha chama, polo que se seguen mantendo as medidas de control”, apuntou.

Nestes momentos, a alcaldesa acreditou que nalgunha nave arrincaron os labores de desecombro e nalgunha delas “empezouse a derrubar parte da súa estrutura”.

Lara Méndez lembrou que os empresarios afectados pódense acoller a axudas a través de calquera das “liñas abertas” polo Concello para a reactivación da economía, entre os que citou os plans ‘Reanima Lugo’ ou ‘Lugo Transforma’, este último dotado con 12 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...