InicioSucesosFalece un home tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en...

Falece un home tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Pedrafita

O vehículo envorcou cando a vítima realizaba labores agrícolas en Barxamaior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este luns tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba en Pedrafita do Cebreiro.

A vítima atopábase manexando o vehículo agrícola no lugar de Barxamaior. Nun momento dado, o tractor envorcou e o condutor quedou atrapado debaixo da maquinaria.

O 112 recibiu o aviso do 061 sobre as 16:20 horas mais, a pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvarlle a vida. Doutra banda, o servizo de Emerxencias informou do ocorrido aos Bombeiros de Sarria, aos membros do GES de Becerreá e á Garda Civil.

ÚLTIMAS

Melloras na estrada que conecta Lugo, O Corgo e o Páramo

As obras da LU-P-2904, a vía que conecta Conturiz, desde a N-VI ata O...

Denunciado por ir en sentido contrario nunha bicicleta cun cartel na man que puña “de uso público”

A Policía Local de Lugo informou este xoves de que interveu na madrugada do...

Norvento recibe autorización para un parque eólico en Abadín e A Pastoriza

A Xunta outorgou a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución do parque...

A Deputación de Lugo impulsa o empoderamento das mulleres no rural

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou no Pazo de San Marcos...