InicioSucesosDenunciado por ir en sentido contrario nunha bicicleta cun cartel na man...

Denunciado por ir en sentido contrario nunha bicicleta cun cartel na man que puña “de uso público”

Preguntado polos axentes, o ciclista manifestou que non era o propietario da bici, senón que a collera momentos antes dun portal próximo a un locutorio, e que a súa intención era "dar unha volta e deixala despois onde a atopou".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou este xoves de que interveu na madrugada do 7 de outubro unha bicicleta, tras denunciar ao home que a conducía por circular en sentido contrario.

Os feitos producíronse na Rúa Quiroga, onde o condutor foi identificado e denunciado por unha infracción á normativa de tráfico, tras darlle o alto por ir en sentido contrario.

En todo caso, a situación chamou a atención dos axentes non só pola súa conduta na vía, senón polo “rechamante” cartel manuscrito que levaba encostado á bicicleta: “Bicicleta de uso público. Instrucións: usala, coidala, depositala en novo destino”, ademais dun código QR.

Preguntado polos axentes, o ciclista manifestou que non era o propietario da bici, senón que a collera momentos antes dun portal próximo a un locutorio, e que a súa intención era “dar unha volta e deixala despois onde a atopou”.

DELITO LEVE CONTRA O PATRIMONIO

A bicicleta, da marca RockRider e en aparente bo estado, foi intervida e trasladada ás dependencias policiais, para localizar ao seu lexítimo propietario.

Así mesmo, informouse o home da comisión dun suposto delito leve contra o patrimonio, ao facer uso dun ben alleo sen contar con consentimento algún.

A Policía Local de Lugo lembra á cidadanía que ningunha bicicleta é de “uso público” se non pertence a un sistema autorizado de aluguer ou préstamo municipal, e que apropiarse dunha bicicleta atopada na vía ou en zonas comúns pode ter consecuencias legais.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...