InicioSucesosMúltiples denuncias nun bar do casco histórico onde varias persoas compartían cachimba

Múltiples denuncias nun bar do casco histórico onde varias persoas compartían cachimba

No interior do local había máis xente da permitida polas restricións sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a cinco persoas que estaban a compartir cachimbas para fumar nun local da Rúa Catedral, no centro histórico da cidade, por infrinxir a normativa contra o coronavirus.

Segundo informou a propia Policía Local, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio realizaron unha inspección no citado local ás 20:30 de onte. Tramitaron oito denuncias. Ademais das cinco persoas sancionadas por compartir cachimbas, o propietario foi denunciado por non presentar “o título habilitante do establecemento” e por ter en funcionamento un equipo para reproducir música sen autorización para iso.

Tamén foi denunciado o propietario por superar o aforo máximo permitido, dado que o local ten capacidade para 33 persoas e había 26 no seu interior, cando o aforo dos establecementos de hostalería está limitado ao 50% polas autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...