InicioSucesosAs familias dos asasinados no Cash Record piden que se tome declaración...

As familias dos asasinados no Cash Record piden que se tome declaración ao principal sospeitoso

Lamentan que non se avanzara apenas nada na investigación do sucedido hai 27 anos no polígono do Ceao.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A irmá dunha das vítimas do coñecido como dobre crime do Cash Record ocorrido no polígono industrial do Ceao, Isabel López, pediu que se tome declaración ao principal sospeitoso do caso.

Isabel López lamentou este martes que ao longo deste ano non se activou a investigación sobre un suceso sen esclarecer e do que no próximo mes de marzo se cumprirán 27 anos sen case progresos na investigación.

“Imos achacar esta ausencia de información á situación que estamos a vivir pero algo se podían mover no xulgado, porque temos cousas pendentes e se non van sacando esas cousas mal imos”, manifestou. Despois de varios vaivéns na instrución, esta caeu hai case dous anos na Audiencia Provincial de Lugo desde o xulgado de primera instancia número 1.

As familias de Elena López e Esteban Carballedo, cuxos cadáveres foron atopados pola propia Isabel, van meterse de cheo en protestas a partir de xaneiro para pedir que se xestionen todas as “dilixencias pendentes”.

“SE NON FOI EL, ALGO TIVO QUE VER”

Entre outras encomendas dirixidas á Audiencia atópase tomar declaración do principal sospeitoso, que para a familia segue sendo un hostaleiro que actualmente reside en Burgos e que no momento dos feitos tiña un negocio na zona vella da cidade de Lugo.

“Eu non sei, pero esa persoa debe de ter un bo padriño para que non lle tomen declaración. Hai máis xente que declarando poderían dar algunha pista. É o que imos seguir solicitando e haberá que pensar algunha maneira para que o fagan”, advertiu.

Isabel López non dubida da autoría do dobre crime e volve sinalar a ese hostaleiro. “Para nós é o principal sospeitoso, xa o foi desde o principio e, se non foi, algo tivo que ver porque que todas as informacións recaian sobre unha persoa é para pensar que iso é así”, deslizou.

Para o próximo ano xa avanza unha “batería” de accións de protesta, aínda que isto estará ligado á evolución da pandemia. “Eu vou seguir e se cadra con máis forza porque este ano (2020) non se notou nada”, protestou finalmente sobre esa falta de avances nunha investigación que leva case 27 anos de resultados infrutuosos.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...