InicioSucesosO accidente dun camión frigorífico en Baralla obriga a cortar a A-6...

O accidente dun camión frigorífico en Baralla obriga a cortar a A-6 en dirección A Coruña

O suceso tivo lugar de madrugada á altura de Sobrado do Picato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O carril da A-6 en dirección A Coruña atópase cortado na mañá deste luns á altura do municipio lucense de Baralla, onde un camión frigorífico envorcou de madrugada.

En concreto, segundo informa a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o accidente ocorreu no punto quilométrico 471 de dita autovía, o que obriga a desviar os coches cara á N-VI para, máis adiante, poder reincorporarse.

O camión envorcou á altura da parroquia de Sobrado de Picato sobre as 4,00 da mañá, tal e como indica o 112. Foi o propio condutor quen se puxo en contacto coa central de emerxencias para solicitar axuda.

Seguidamente, o 112 avisou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que, para facilitar a retirada do vehículo sinistrado, houbo que interromper a circulación en ambos os carrís da calzada, aínda que horas máis tardes continúa cortado tan só un, o que vai cara á Coruña.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...