InicioLugo e contornaA Garda Civil requísalles os vehículos logo de que seguiran conducíndoos co...

A Garda Civil requísalles os vehículos logo de que seguiran conducíndoos co carné sen puntos

Os titulares dos coches presentan numerosos delitos contra a seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo procedeu ao comiso de dous vehículos cuxos titulares, considerados “usuarios de risco”, acumulaban numerosos delitos contra a seguridade viaria. Así o informou o Instituto Armado, que destacou que os axentes actuaron en cumprimento do acordado en sentenzas de Xulgados do Penal de Lugo, polas que se procedía á adxudicación dos devanditos vehículos á administración pública (Xefatura Provincial de Tráfico), que decidirá posteriormente a destrución dos mesmos.

Estas actuacións, subliñou a Benemérita, “prodúcense tras ser condenados en numerosas sentenzas firmes por delitos contra a seguridade viaria por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e coa perda de vixencia do permiso de condución por esgotamento de puntos”. Ademais, estes usuarios de risco conducían despois de ser privados por sentenza firme do permiso de condución. Estes comisos puidéronse levar a cabo tras comprobar que os vehículos eran os habitualmente utilizados por estes usuarios de risco, concretaron as mesmas fontes.

Os vehículos dados de baixa definitiva do rexistro de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico foron retirados en guindastre e entregados nun centro autorizado de tratamento de vehículos para convertelos en chatarra.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...