InicioSucesosCase cinco anos de cárcere para un condutor pillado con 49 gramos...

Case cinco anos de cárcere para un condutor pillado con 49 gramos de cocaína

O valor da droga no mercado alcanzaría os 8.450 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos e medio de cárcere, como autor dun delito de tráfico de drogas, a un condutor interceptado na estrada LU-934 con 49 gramos de cocaína no seu poder.

Os feitos remóntanse ao mes de marzo de 2019, cando o condenado foi interceptado por unha patrulla da Garda Civil que realizaba un control rutineiro na LU-934. Ao rexistrar o seu vehículo, os axentes localizaron, no interior do cadro de mandos do coche, un envoltorio rodeado de cinta americana que contiña 49,13 gramos de cocaína, así como pequenas cantidades de cannabis. O valor da droga no mercado alcanzaría os 8.450 euros, segundo a sentenza.

Tal e como recolle o fallo, o home xa fora condenado no ano 2010 a 11 anos de prisión por un delito de tráfico de drogas, así como a sete anos e catro meses de cárcere como integrante de grupo criminal vinculado ao tráfico de estupefacientes.

Ademais dos catro anos e medio de cárcere, o tribunal, que tivo en conta a agravante de reincidencia, ínstao a abonar unha multa de 15.000 euros.

ÚLTIMAS

Besteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: “Non imos permanecer indiferentes”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, alertou este martes da "polarización...

O San Froilán 2025 presenta o seu cartel oficial con Iván Mouronte

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto ao...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Xunta deu luz verde este martes á "declaración de incidencia ambiental de actividade" para un...

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...