InicioSucesosDetida por patear un axente na comisaría tras molestar a clientes nunha...

Detida por patear un axente na comisaría tras molestar a clientes nunha terraza

A Policía Nacional identificou a muller despois de que un alertante chamara ao 091 para advertir de que estaba increpando uns usuarios dun bar da Fonte dos Ranchos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron unha muller de nacionalidade inglesa veciña de Lugo por un delito de atentado tras dar patadas ao axente que a custodiaba en comisaría cando ía ser identificada por molestar a clientes nunha terraza.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron na tarde deste martes cando alguén solicitou, a través da sala do 091 da Comisaría Provincial, intervención policial por mor dunha muller que molestaba os clientes dunha terraza na zona da Fonte dos Ranchos.

Unha vez no lugar entrevistáronse co requirente, que non desexaba pór denuncia polo ocorrido, pero manifestou que esa persoa increpaba e molestaba os usuarios da terraza, feitos que foron corroborados polos presentes.

Co fin de proceder á correspondente denuncia administrativa, segundo o estipulado na Lei de Seguridade Cidadá, solicitouse a identificación da muller, quen se negou a facilitala. Desa maneira, foi trasladada a dependencias policiais para identificala. Unha vez alí, a muller, de 33 anos e sen antecedentes, deu en patear un dos axentes que a custodiaban, motivo polo que foi detida por un delito de atentado e resistencia, do que se informou á autoridade xudicial, a cuxa disposición foi posta na mañá deste mércores.

+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...

Tres mulleres agredidas en Lugo, dúas delas nunha pelexa entre ambas

A Policía Local de Lugo interveu nos últimos días en varios incidentes rexistrados en...