InicioSucesosTres xogadoras do Emevé reteñen a un ladrón perseguido polo cliente dun...

Tres xogadoras do Emevé reteñen a un ladrón perseguido polo cliente dun bar no que tentara roubar

Axentes da Policía Nacional puideron deter finalmente o individuo, que fracasou no intento de roubar nun local hostaleiro do centro de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo un home de 42 anos e con máis dunha ducia de arrestos anteriores por un delito de roubo con violencia. A detención produciuse tras unha persecución dun cliente do bar no que o individuo tentara roubar e tras a axuda de tres xogadoras profesionais do equipo de voleibol Emevé, que lograron interceptar o ladrón.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron este mércores na zona de lecer do centro da cidade de Lugo, cando este home entrou nun local de hostalaría coa cara tapada e cun gorro na cabeza, onde se dirixiu á camareira para pedirlle todo o diñeiro da caixa.

Nese instante, o atracador deuse conta de que no local había un cliente, polo que antes de poder facerse co botín que pretendía, saíu precipitadamente do establecemento, perseguido pola persoa que estaba no interior do local. Mentres, a empregada avisou á sala do 091 do que acababa de ocorrer. Tamén alertou do sucedido o cliente que perseguiu o atracador.

Ao chegar á altura da rúa Quiroga Ballesteros coa Praza do Ferrol, o cliente do local que perseguía o autor do atraco gritou aos transeúntes “ao ladrón!”. Tres xogadoras profesionais do Emevé, que camiñaban pola zona, viron a situación e uníronse á persecución. Finalmente, lograron interceptar o atracador e retivérono ata a chegada das dotacións policiais, que procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...