InicioSociedadeO Virxe da Luz, un colexio sen actividades extraescolares nin excursións

O Virxe da Luz, un colexio sen actividades extraescolares nin excursións

A falta de acordo deixa o CEIP Virxe da Luz de Portomarín sen Programación Xeral Anual, polo que non haberá actividades nin excursións para os cativos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai un clamor entre as nais e pais de Portomarín. A situaciación do colexio Virxe da Luz, lonxe de mellorar, semella que vai a peor. Este curso, o centro viuse na obriga de agrupar o alumnado pola supresión repentina dun dos postos de docente, malia contar cun estudante máis. Mentres este caso pasa á Valedora do Pobo, os cativos deberán afrontar outra calamidade: a falta de actividades extraescolares e excursións.

A Asociación de Nais e Pais mobilízase de novo contra os recortes, desta vez, coa recollida de sinaturas contra o que entenden é falta de vontade por parte da dirección do Virxe da Luz, o Concello de Portomarín e os responsables da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ata o de agora, son máis de 2.000 os apoios colleitados contra a “pasividade” e a falta de acordo arredor da Programación Xeral Anual (PXA), o plan que recolle os aspectos organizativos e de funcionamento, incluídos o currículo educativo, as normas e proxectos aprobados.

Falta de unanimidade

A implicación directa da falta da PXA é que o Virxe da Luz queda sen a capacidade de ofertar actividades e excursións, un serio inconvinte para os rapaces, e tamén para proxenitores, familiares e persoas a cargo dos estudantes. Cómpre lembrar que Portomarín ten un serio problema de despoboamento, polo que estas eivas no colexio tan só agravan as perspectivas da vila.

A Programación, un documento que pode ir dende as 20 ata as 200 páxinas dependendo do centro, ficou en suspenso pola falta de unanimidade nos representantes no Consello Escolar, nomeadamente na ANPA e o delegado municipal, en desacordo coa decisión da Consellería de retirar un dos docentes. Esta circunstancia resulta incomprensible para a Asociación, que anuncia que continuará coas protestas. Este venres estarán na praza do Concello, aproveitando a celebración da feira.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...