InicioLugo e contornaPortomarínTres feridos que viaxaban nun globo aerostático que aterrou de emerxencia en...

Tres feridos que viaxaban nun globo aerostático que aterrou de emerxencia en Portomarín

O incidente tivo lugar ás 10,45 horas, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso de mans dun particular que chamou á central de emerxencias para alertar do sucedido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas ao ter que aterrar de emerxencia en Portomarín o globo aerostático no que viaxaba durante a mañá deste sábado.

O incidente tivo lugar ás 10,45 horas, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso de mans dun particular que chamou á central de emerxencias para alertar do sucedido.

O globo tivo que aterrar de forma brusca nunha zona arboredo debido a un golpe de vento. O piloto do aeróstato viuse obrigado a levar o artefecto ao chan por unha treboada que afectaba o lugar por onde viaxaban.

Todos os ocupantes da nave puideron saír polos seus propios medios, pero tres deles sufriron feridas polas que tiveron que ser atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Na aterraxe, a aeronave impactou contra un poste da luz e deixou esparexida pola zona os cables do tendido eléctrico, polo que a central do 112 puxo en coñecemento da empresa subministradora de enerxía para que realice as reparacións necesarias.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...