InicioSociedadeO SLG denuncia "falta de transparencia" no acordo de protección da 'Tenreira...

O SLG denuncia “falta de transparencia” no acordo de protección da ‘Tenreira Galega’

"O xoves recibimos un documento totalmente pechado, eran xeneralidades sen concreción, sen ningún compromiso concreto", lamentou a dirixente agraria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, denunciou este mércores en Lugo “falta de transparencia” no protocolo da cadea de subministración para a protección das explotacións de vacún de carne adheridas á Indicación Xeográfica Protexida ‘Tenreira Galega’.

Vilalba censurou que na elaboración deste texto non houbo “interlocutor” para que o sector puidese poñer alternativas “encima da mesa”. “O xoves recibimos un documento totalmente pechado, eran xeneralidades sen concreción, sen ningún compromiso concreto”, lamentou a dirixente agraria. Así mesmo, tamén denunciou “falta de transparencia”. “No relativo á industria e á distribución (da carne) simplemente ponse neste documento que se comprometen a cumprir a lei da cadea”, sinalou.

“A lei da cadea pon que non se pode vender a perdas pero non se fan referencias concretas, non se pon cando van sacar eses índices, nin que parámetros se van utilizar neses índices. Non hai concreción ningunha“, protestou.

Ademais, incidiu en que en dito protocolo se advirte que “por parte do sector produtivo se compromete a mellorar a súa eficiencia”, unha cuestión na que sinala que a administración autonómica “ten moito que dicir”. Así, citou aspectos como a mellora das estruturas de custos de produción, dar “unha resposta aos danos no tema de fauna salvaxe”, a abordaxe de medidas preventivas ou a facilitación de terra.

A xuízo de Vilalba isto “é unha banalidade”. “Non pon medidas concretas, mesmo cando se fala de promoción nin sequera se di como se vai promocionar a Tenreira Galega Suprema e en canto a axudas estamos ante unha ambigüidade total”, sostivo. Por último, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego apelou á necesidade de axudas como as postas en marcha “o ano pasado” en “Cantabria, Castela-León ou o País Vasco”.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...