InicioSucesosEspectacular incremento dos ingresos con Covid na UCI; once nun só día

Espectacular incremento dos ingresos con Covid na UCI; once nun só día

A provincia de Lugo multiplica por seis os casos covid nun mes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia supera os 67.700 casos activos de Covid-19 ao situarse en 67.724, despois de rexistrarse outros 4.966 novos contaxios –619 menos que o día anterior–. Isto supón case seis veces máis de contaxiados que os que tiña Galicia hai un mes, cando había 10.670. Tamén en Lugo se repite unha situación semellante que pasa de 1.465 hai un mes a 6.875.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do domingo, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– mentres que aumentan a 449 as hospitalizadas noutras unidades –55 máis–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, coa de Lugo á cabeza, que aínda que mantén cinco pacientes Covid en UCI, rexistra 42 noutras unidades –11 máis-.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 continúan en aumento en Galicia e ascenden a 67.724, que supoñen 2.389 máis que a xornada anterior, o que implica un incremento menor que o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (4.966) que altas (2.575), ao que se engaden dous falecidos.

A área de Lugo aumentou en 255 o número de contaxios que se sitúan en 6.875 en toda a provincia.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...