InicioSociedadeGran baixada de casos en Lugo, que volve á terceira posición tras...

Gran baixada de casos en Lugo, que volve á terceira posición tras A Coruña e Vigo

Queda con 356 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en Galicia descenden por baixo dos 2.000 por primeira vez desde finais de xuño e sitúanse en 1.926, mentres que os novos contaxios caen a 48 –13 menos que a xornada anterior– e os pacientes hospitalizados por este corononavirus baixan a 87 –seis menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta a un 2,7 por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes, con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 24 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 63 as que se atopan noutras unidades –cinco menos–. Polo seu lado, hai 1.839 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria redúcese en catro das sete áreas sanitarias, entre elas, Lugo, onde continúan catro en críticos e baixan a 15 os doutras unidades –un menos–.

MENOS DE 2.000 CASOS

Os casos activos manteñen a tendencia descendente e caen por baixo dos 2.000 ata os 1.926, que supoñen 145 menos que no arranque desta semana, ao haber máis altas (190) que contaxios (48), ao que se engaden tres falecementos.

Deste xeito, Galicia sitúase en niveis de finais de xuño –o día 30 dese mes había 1.930 casos activos de Covid e o 1 de xullo aumentaron a 2.083–. As infeccións activas volven descender nas sete áreas sanitarias, coa de Lugo á cabeza (-62). De feito, baixa do segundo ao terceiro posto en número de contaxiados, con 356, tras descender máis que a de Vigo, que queda con 372.

MENOS CONTAXIOS

Os contaxios de Covid-19 seguen en descenso e caen a 48 no conxunto de Galicia, que supoñen 13 menos que os 61 cos que comezou a semana na que empezará o outono –este mércores–, deles, cinco, á de Lugo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...