InicioSociedadeLenta recuperación dos casos covid en Lugo

Lenta recuperación dos casos covid en Lugo

Un de cada catro novos contaxiados é da provincia. Baixan os hospitalizados, pero aumentan os casos graves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 caen a 102 en Galicia –13 menos que a xornada pasada– e a presión hospitalaria alíviase ao baixar a 116 os pacientes hospitalizados por este coronavirus –tres menos–, mentres que a taxa de positividade aumenta a un 4,3 por cento e os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 2.580.

Así se desprende dos datos actualizados polo Sergas este venres –con rexistros ata as 18,00 horas do xoves–, nos que se recolle que soben a 32 as persoas en UCI pola Covid-19 –unha máis– e baixan a 84 as hospitalizadas noutras unidades –catro menos–, mentres que 2.464 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende en cinco das sete, entre elas, a de Lugo, onde  aumentan a catro os graves –un máis–, pero caen a 15 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente e baixan a 2.580, que supoñen 184 menos que os rexistrados ata a xornada anterior, ao haber máis altas (284) que contaxios (102), ao que se suman dous falecementos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden de novo nas sete. En Lugo, baixan 15 casos e queda con 510 contaxiados activos.

MENOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19, descenden a 102, que implican 13 menos que os 115 da xornada anterior, na que subiron lixeiramente tras os 112 contabilizados o mércores e os 75 do martes.

Nas últimas 24 horas confirmáronse por probas diagnósticas (PDIA) 101 positivos, 16 menos que a xornada anterior, deles  22 na de Lugo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...