InicioSociedadeCheché Real: "Isto tamén vai cos máis novos e temos que paralo...

Cheché Real: “Isto tamén vai cos máis novos e temos que paralo entre todos”

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia lamenta que a hostelería vai ser sacrificada outra vez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, Cheché Real, lamenta que o lecer nocturno “vai ser o sacrificado outra vez” e non descarta que se poida ver abocado a “pechar dous ou tres semanas”.

Real sinala que o sector “están moi preocupado” ante os contaxios disparados, sobre todo, entre os máis novos. “Aqueles que pensaban que isto non ía con eles, pois isto si que tamén vai con eles”, avisou.

O lecer nocturno péchase nos municipios en nivel alto e extremo. No resto, o horario é ata as 3,00 horas da madrugada e permítese a apertura só en concellos de nivel medio e medio baixo, nos que –a diferenza de en hostalaría– é necesario presentar unha proba de covid negativa ou un certificado de vacinación completa.

O tamén presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo sinala que “o lecer nocturno está a ter moitas dificultades cos tests de antíxenos porque a xente di que non os consegue”. “É unha situación difícil, imos ter outra reunión esta semana porque, seguidamente, se cadra o lecer nocturno igual hai que pechalo dúas ou tres semana”, augura.

“Isto está a coller uns camiños de transmisión unha vez máis e isto témolo que parar entre todos”, avisou. O empresario lucense fixo un chamamento “á responsabilidade individual” para atallar a expansión da covid, ao tempo a que demandou que “non se multipliquen os botellóns”.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...