InicioSociedadeMáis de 14.000 lucenses están chamados esta fin de semana a unha...

Máis de 14.000 lucenses están chamados esta fin de semana a unha vacinación “masiva”

Máis do 36% da poboación de Lugo recibiu polo menos unha dose da vacina contra o Covid e o 20% recibiu xa as dúas doses pautadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que case o 20% da poboación da provincia recibiu xa as dúas doses pautadas da vacina contra o coronavirus.

Segundo os datos que manexa o Sergas, a día de hoxe recibiron unha dose da vacina 119.982 lucenses, o que supón un 36,6% da poboación da provincia, que neste caso coincide coa área sanitaria.

En canto ás persoas que recibiron a pauta completa, son 65.080 en Lugo, unha cifra que equivale ao 19,8% da poboación. Ares confirmou que o Sergas ten programada para este fin de semana unha vacinación “masiva” na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, dado que máis de 14.000 foron citadas para ser inmunizadas no tres hospitais públicos da provincia.

Desas persoas, 11.740 persoas recibirán a primeira dose, mentres que 2.693 verán completada a súa pauta de inmunización coa segunda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...