O último balance de datos do Sergas indica que na área sanitaria de Lugo hai 173 casos activos de coronavirus, tres menos ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse 10 novos positivos.
O número de hospitalizacións non varía (11), aínda que si que o fai a distribución por centros sanitarios. Agora os tres hospitais públicos volven atender algún paciente de Covid en planta: 5 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte. Ademais, hai outros tres pacientes ingresados na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti.
Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 212 persoas diagnosticadas co virus, curáronse 11.839 e realizáronse 215.104 probas PCR.
GALICIA
No ámbito autonómico mantense a tendencia ascendente nos casos activos de Covid-19 por oitava xornada consecutiva, e os novos contaxios dispáranse a 229. Pola súa banda, os pacientes con este coronavirus hospitalizados aumentaron en 13, ata os 195. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.