InicioSociedadeRepuntan os novos positivos e a presión hospitalaria en Lugo

Repuntan os novos positivos e a presión hospitalaria en Lugo

O Sergas informa de 24 persoas ingresadas en planta e 9 nas unidades de críticos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras varios días de tendencia descendente, a área sanitaria de Lugo presenta hoxe unha lixeira repunta nos contaxios detectados e na presión asistencial. Así, nas últimas 24 confirmáronse 17 novos positivos de coronavirus,  se ben os casos activos seguen diminuíndo (327, o que son 12 menos ca no día anterior).

O Sergas informa de 35 persoas ingresadas (+5): 24 en planta (15 no Hula, 2 na Mariña e 7 en Monforte) e 9 nas Uci.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.248 e realizáronse 191.494 probas PCR.

Podes ler a información completa para o conxunto galego no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...