A área lucense rexistra menos casos activos e unha lixeira melloría nas Uci

A provincia conta 767 pacientes con infección activa (28 menos) e nas últimas 24 horas detectáronse 30 positivos novos.

Unha sanitaria realiza unha proba PCR a un condutor en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Os casos activos por coronavirus seguen á baixa en Lugo. Segundo os últimos datos do Sergas, a provincia rexistra 767 pacientes con infección activa (28 menos ca onte) e nas últimas 24 horas detectáronse 30 positivos novos.

Ademais, neste martes 23 de febreiro tamén se dá unha lixeira melloría nos hospitais, con 62 ingresados (-2) e unha baixada de presión nas Uci. En concreto, hai 43 pacientes en planta (32 no HULA, 6 no Hospital da Mariña, 4 no de Monforte e 1 no Polusa) e outros 19 na unidade de críticos.

O total de persoas que superaron a enfermidade é de 10.619 dende o inicio da pandemia, e o cómputo de falecidos é de 199, segundo datos do Sergas, que onte comunicou outro falecemento no HULA. Ademais, realizáronse 183.040 PCR (615 onte).

GALICIA

presión hospitalaria mantense en descenso en Galicia, aínda que o número de ingresados con coronavirus en UCI mantense en 146. Mentres, os novos casos diagnosticados aumentan lixeiramente en tres ata 216, pero os pacientes coa infección activa redúcense a 7.748. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here