InicioSociedadeDetectados 60 positivos nun gromo en Paradai vinculado á cepa británica

Detectados 60 positivos nun gromo en Paradai vinculado á cepa británica

O foco de contaxio foi o colexio deste barrio lucense, onde se realizou un cribado tras os primeiros casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas confirmou a existencia dun gromo de coronavirus vinculado ao colexio Paradai de Lugo, con 60 positivos entre escolares e familiares.

O director asistencial da área sanitaria de Lugo, Rafael Monte, detallou que os primeiros casos foron detectados a pasada semana e correspondíanse con nenos dalgunhas aulas do CEIP. Realizáronse cribados por aulas e, “ante a cantidade de positivos” confirmados, estendéronse as probas a todo o colexio.

Por iso, “hai 60 persoas afectadas entre nenos e pais”. “Esperamos que poida haber algún positivo máis en próximos días vinculado ás PCR de control e seguimento ás persoas illadas e cuarentenadas, que foron contactos de nenos ou pais”, abundou.

CEPA BRITÁNICA

Ademais, Rafael Monte explicou que desde hai unha semana dispoñen na área sanitaria de kits diagnósticos “que permiten sospeitar que estes gromos de Covid poidan estar vinculados a cepa británica”.

“Neste caso, realizamos mostras aleatorias das PCR deste gromo e temos sospeita de que a cepa británica está representada neste gromo de Paradai, igual que no de Guitiriz, comentou Monte, para engadir que “era de esperar” nun contexto en que existen casos en Portugal e noutras áreas sanitarias da Comunidade galega. “Antes ou despois era lóxico esperar que se estendese a Lugo”, engadiu.

Neste sentido, puntualizou que ata agora saben “que esta cepa se vincula a un risco de transmisibilidade elevado”. “O número de contaxios na nosa experiencia é maior ao que observabamos antes”, admitiu, pero matizou que, de momento, non teñen “evidencia de que se traduza en maior gravidade clínica dos afectados”.

Por tanto, á vista do sucedido xa en Guitiriz, e en función da evolución dos casos de Paradai, fixo fincapé en lembrar á cidadanía que “as medidas de restrición de contactos e hixiene que funcionan para a cepa estándar tamén funcionan para a británica”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...