InicioSociedadeFriol tampouco celebrará este ano a Feira do Queixo e Pan de...

Friol tampouco celebrará este ano a Feira do Queixo e Pan de Ousá

O goberno local decidiu cancelar o evento por responsabilidade ante a evolución do virus e pola incerteza de cales serán as restricións impostas naquel momento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol vén de anunciar que este ano tampouco haberá Feira do Queixo e Pan de Ousá. O goberno local decidiu cancelar a edición deste 2021, que se celebraría o 21 de marzo, para garantir a seguridade de toda a poboación en vista da evolución da pandemia.

A Feira do Queixo e Pan de Ousá foi un dos eventos dos que primeiro se soubo a súa suspensión por mor do coronavirus no pasado 2020. Desta volta, o Concello tampouco ve posible a súa celebración ante “o nivel de contaxios que se están producindo nas últimas semanas en toda a comunidade”.

Ademais, o equipo de goberno explica que o descoñecemento do nivel de restricións que estarían impostas nesa data tampouco facilita a preparación do evento. “A Feira do Queixo precisa de varios meses de organización para que todo saia como debería. Non se pode esperar ata finais deste mes de febreiro para decidir se se leva a cabo ou non”, resaltan.

O alcalde, Jose Ángel Santos, lamenta ter que decidir de novo esta cancelación, posto que afectará negativamente a moitas familias do municipio. Así e todo, amósase claro: “non podemos arriscarnos dada a situación sanitaria que estamos a vivir. Levamos case un ano sufrindo. Non podemos arriscarnos a desfacer todo o que levamos conseguido ata o de agora”.

Así pois, dende o goberno de Friol apelan á responsabilidade para superar a pandemia e poder volver á normalidade canto antes.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...