InicioSociedadeA ANPA de Baralla busca apoio político para reclamar a xornada lectiva...

A ANPA de Baralla busca apoio político para reclamar a xornada lectiva única

Insisten na necesidade de cambiar o "pésimo" horario escolar e defenden que "o transporte de sempre é imprescindible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ANPA do CPI Luís Díaz Moreno pediu este xoves ser escoitada no pleno municipal do Concello de Baralla para trasladar a súa petición dunha xornada lectiva única no centro educativo. Fixeron partícipes das súas queixas ás distintas forzas políticas, ao entender que o “pésimo” horario do colexio de Baralla discrimina o alumnado.

As familias solicitaron aos partidos da corporación que expresen publicamente o seu apoio e reclamaron a súa mediación no diálogo coa Xunta de Galicia a prol dese cambio de xornada escolar.

As negociacións coa Consellería de Educación xa van para dous anos, mais sen grandes éxitos.  A traba que atopan é sempre a mesma: a Consellería mantén a negativa ao cambio debido ás licitacións dos contratos de transporte escolar. “A xornada única non pode depender dos intereses das grandes empresas de transporte”, lamentaba unha das nais en conversa co Lugo Xornal.

Na xuntanza tamén estiveron presentes eses empresarios que prestan servizo de transporte, por vérense tamén afectados por unha situación similar á que viven no Courel.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...