InicioSociedadeArrinca a administración da segunda dose da vacina nas residencias da provincia

Arrinca a administración da segunda dose da vacina nas residencias da provincia

O xerente da área sanitaria estima que a principios de febreiro xa estarían inmunizados os usuarios e traballadores dos xeriátricos que tamén recibiran a primeira dose.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este martes comezou na provincia de Lugo a administración da segunda dose da vacina contra a Covid-19. Foi na residencia da terceira idade de Burela foi, ao igual que ocorreu coa primeira parte da vacinación.

Mari Carmen Fernández Pérez, de 85 anos, foi a primeira vacinada na provincia de Lugo. Esta usuaria admitiu ao recibir a primeira dose o “mal” que o estaban a pasar usuarios e traballadores dos xeriátricos e amosouse agradecida “coa ciencia” pola rapidez á hora de atopar un antídoto para o coronavirus.

Nesta ocasión, preguntada ao respecto, Fernández referiuse aos infectados, para pedirlles que sexan “fortes” e “loiten”, porque coa vacina “a vitoria está ao alcance da man”.

EN DATOS

Segundo concreta o xerente da área sanitaria Lugo-A Mariña-Monforte do Servizo Galego de Saúde (Sergas)Ramón Ares, “seguindo a mesma cadencia, dos mesmos días, de fai tres semanas, comezamos en Burela. Está previsto que hoxe se vacinen 65 persoas e a partir de mañá imos seguir no resto das residencias da provincia. Uns 2.295 traballadores e usuarios dos xeriátricos recibirán a segunda dose ao longo desta semana“, precisa.

Ares expón que “esperamos ter rematado a principios de febreiro -entre os días 2 e 3- a administración completa aos case 7.000 traballadores e residentes que recibiron a primeira. Poderiamos xa ter daquela vacinada e inmunizada unha poboación de risco tan importante, que maiores padecementos e dificultades tiveron con esta pandemia”, conclúe.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...