InicioSociedadeO número de ingresados por coronavirus aumenta nos tres hospitais públicos da...

O número de ingresados por coronavirus aumenta nos tres hospitais públicos da provincia

A área sanitaria rexistra unha baixada no total de casos activos, aínda que se detectaron 60 novos positivos nas últimas 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo mingua a 1.116, once menos ca onte, segundo o reconto do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas detectáronse un total de 60 novos positivos a través de PCR. Malia a baixada no total de casos activos e o descenso no ritmo de contaxio, os hospitais da provincia teñen cada vez maior carga asistencial: 58 ingresados (+7 respecto de onte), dos cales catro precisan coidados intensivos.

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) é o que atende un maior volume de pacientes. Son 37 hospitalizacións (+3), entre as cales se inclúen os catro pacientes da UCI. Mentres, o Hospital da Mariña conta con 17 doentes con coronavirus (+3); e o de Monforte, con catro (+1).

Asemade, Sanidade informa de que as vítimas mortais da pandemia na provincia xa alcanzaron a cifra das 104.

En canto aos concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus, Sanidade non comunica cambios. Mantéñense neste nivel de aviso Lugo capital, Vilalba, Cervo, Viveiro, Burela e Chantada. No entanto, Sarria entra na listaxe de municipios en alerta laranxa, o que significa que se detectaron entre 14 e 21 casos.

GALICIA

Na comunidade galega, segundo datos da Consellería de Sanidade, os novos casos de coronavirus baixaron á metade respecto a hai unha semana. Non é, porén, un descenso sostido polo momento. Hai, en total, 10.015 casos activos, con 399 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas fronte ás 486 altas diagnosticadas na mesma xornada.

En cambio, continúan incrementándose as hospitalizacións, que xa se sitúan nas 605 (+33 ca no día de onte). Deles, 94 están a ser atendidos nas Unidades de Coidados Intensivos (cinco máis ca o domingo).

O número de falecidos ascende a 988 tras as sete mortes notificadas por Sanidade na tarde deste domingo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...