InicioSociedadeSanidade sinala un descenso entre os casos por COVID na área de...

Sanidade sinala un descenso entre os casos por COVID na área de Lugo

As últimas falecidas notificáronse este sábado pasado no HULA, dúas mulleres ingresadas procedentes da residencia de Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O descenso dentro da área de Lugo entre doentes de COVID é de 53 persoas, chegando aos 589 casos activos totais.

Galicia detectou 230 novos casos de covid-19 nas últimas 24 horas, o que supón 37 menos que os descubertos na xornada anterior. A cifra de vítimas mortais mantense en 729 desde a noite do sábado, cando se comunicou o deceso de dúas mulleres da residencia de maiores de Outeiro de Rei falecidas no Hospital Lucus Augusti (HULA).

Segundo a actualización deste domingo da Consellería de Sanidade, con datos de última hora do sábado, a Comunidade galega conta con 4.432 casos activos de covid-19 –persoas que aínda teñen a enfermidade–, 17 menos que hai un día.

RESIDENCIA

As residencias de maiores acumulan 318 casos de COVID entre os seus usuarios. Deles, 129 están na DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, que se atopa intervida pola Xunta e que acumula 18 persoas falecidas após as dúas comunicadas o sábado.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...