InicioSociedadeUnha significativa repunta de casos na Mariña evidencia que o brote non...

Unha significativa repunta de casos na Mariña evidencia que o brote non cesa

O Sergas documenta outros 23 casos e cinco pacientes con Covid-19 permanecen ingresados no Hospital da Costa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus no brote da Mariña Lucense experimentou unha nova repunta, con outros 23 casos para un total de 144, segundo o reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Despois de que a Consellería de Sanidade notificase tres positivos no día de onte e o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, falase “dunha pequena regresión”, o incremento é similar ao dos días 6 (con 22 infectados máis) e 5 de xullo (con 21 afectados máis na xornada na que se decretou o peche da comarca), o que semella amosar unha tendencia afastada dun receso.

Dos 144 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, afirma o Sergas, que concreta que cinco destes pacientes atópanse ingresados no Hospital Público da Mariña, todos en planta e cunha evolución “favorable”.

A Consellería de Sanidade segue a descartar unha transmisión comunitaria e insiste en que estes 144 positivos “están vencellados ao brote“, o que “permite garantir a trazabilidade dos casos e seguir na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión”. O pasado mércores, concreta o Sergas, realizáronse 283 probas.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...