InicioSociedadeO brote da Mariña dispárase: doce positivos máis

O brote da Mariña dispárase: doce positivos máis

O Sergas documenta 64 casos activos en Lugo, dos cales 47 están relacionados cos focos do norte da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos detectados de coronavirus no brote de Covid-19 na Mariña Lucense segue en aumento e ao longo das últimas horas experimentou un crecemento significativo: documentáronse un total de doce máis, para un total de 47, segundo confirma oServizo Galego de Saúde (Sergas). A nivel provincial, o número de casos aumenta a 64.

Dos 47 positivos do brote, a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve. Todos eles teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Polo de agora, o número de ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña mantense. As dúas persoas hospitalizadas relacionadas co brote fican en planta e con evolución “favorable“, segundo a Consellería de Sanidade.

Xunta de Galicia non aclara se detrás deste aumento dos casos hai algún foco máis, ademais dos tres comunicados.

Ademais das dúas persoas ingresadas en Burela, hai outra persoa hospitalizada no HULA con coronavirus. Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...