InicioA UlloaLugo é á única área sanitaria de Galicia na que se incrementan...

Lugo é á única área sanitaria de Galicia na que se incrementan os casos de coronavirus

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Lugo creceu nas últimas horas. De feito é a única área sanitaria que rexistra un incremento de contaxios fronte a situación xeral de Galicia que volveu a descender e sitúase en 2.008, o que supón unha redución do 3,18 % (66 casos menos que os notificados este xoves), segundo os datos trasladados este venres pola Consellería de Sanidade.

Así, fontes de Sanidade detallaron que os casos descenden en todas as áreas sanitarias, excepto na de Lugo: 494 casos activos correspóndense coa área sanitaria da Coruña (22 menos que hai un día), 478 son da área de Vigo (34 menos), 413 son da área sanitaria de Santiago (11 menos), 320 da área de Ourense (un menos), 122 da área de Lugo (5 máis), 107 da área de Pontevedra (un menos) e 74 da área de Ferrol (dúas menos).

Por outra banda, o número de pacientes en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) é de 22 (un máis que hai un día) e o de persoas ingresadas noutras unidades de hospitalización é de 111 (unha ducia menos que hai 24 horas).

Así mesmo, hai 1.875 casos en seguimento domiciliario, 55 menos; e Sanidade tamén informou do alta de 126 afectados, o que significa que o número de curados ascende a 8.283. Finalmente, con respecto ás PCR, nas últimas horas realizáronse 2.032 probas máis, co que o total de probas elévase a 122.456.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...