InicioSociedadeProfesionais do HULA lembran a importancia da hixiene de mans: "Salvar vidas...

Profesionais do HULA lembran a importancia da hixiene de mans: “Salvar vidas está nas túas mans”

A Organización Mundial da Saúde conmemora este 5 de maio o Día Mundial da Hixiene de Mans, xornada que este ano recoñece especialmente o labor do sector da enfermaría e matronas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os centros asistenciais do Sergas na provincia de Lugo súmanse hoxe, 5 de maio, á celebración do Día Mundial da Hixiene de Mans no marco da campaña ‘Salva vidas: limpa as túas mans’. Profesionais sanitarios do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) conmemoraron a xornada, que este ano homenaxea o sector da enfermería e matronas.

A Organización Mundial da Saúde propuxo como lema ‘Enfermaría e matronas. Atención limpa. Está nas túas mans’ co obxectivo de “empoderar” estes traballadores e traballadoras, que “co seu labor de prevención e control de infeccións” manteñen os nosos pacientes a salvo, segundo resalta o Sergas.

É tamén unha homenaxe “pola súa dedicación e entrega nos coidados durante esta epidemia” e polo seu “papel determinante” no fortalecemento da calidade de atención.

Así, o HULA distribuíu información por todo o centro para concienciar da importancia da hixiene de mans a traballadores e pacientes. Na web tamén se dispuxeron recursos acerca disto. “Salvar vidas está nas túas mans”, lembran.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...